miércoles, 6 de febrero de 2013

Mirar un cadro, sentir unha historia

Aquí tedes a obra de Dalí, Muchacha en la ventana, pintado en 1925, que se conserva en Madrid, no Museo Reina Sofía. O cadro pertence á etapa formativa de Dalí, cando o artista tiña vinte anos e o surrealismo non influira todavía de maneira apreciable na súa pintura. Esta é a nosa nova proposta de actividade: Por que está esta muchacha asomada á ventá? Que está a pensar? Que está a mirar? Facede un exercicio de imaxinación, pechade os ollos, metédevos na pel da muchacha e ...mirade! Tedes que deixar nos comentarios un pequeno escrito, 5-10 liñas máximo, que responda ás cuestións anteriores.

16 comentarios:

  1. Que mala sorte que teña que quedar na casa, xusto hoxe! Co bo tempo que fai, o bonito que está o mar, e teño que estudar! Se por unha vez me pasase algo emocionante... Que me agardará o futuro?

    ResponderEliminar
  2. Estou asomada á ventá porque é moi bonito mirar o mar, estou a escoitar o son que fan as olas ao chocar coas rochas, miro os delfíns nadar, os cangrexos esconder-
    se, e as gaivotas pescando, miro a ente do porto acabando de levar os peixes a vender.
    Estou descansando vendo unha bonita paisa-
    xe.

    ResponderEliminar
  3. Iria gonzález Pillado17 de febrero de 2013, 6:21

    Estou a contemplar o fermoso rostro do mar.Cando miro para aquela vila mariñeira penso nunha viaxe coa miña mellor amiga, Uxía.Xa hai moito tempo falaramos de ir á praia das Catedrais, onde o mar bate nas rochas con firmeza, deixando un aroma mariñeiro.

    ResponderEliminar
  4. Estou na xanela contemplando unha fermosa tarde de sol.Alá ao fondo, vexo uns pescadores faenando,quizás esten pescando fanecas,sardiñas que logo cearan coas suas familias.
    Vexo a uns pescadiños que brillan e brincan sen parar.Non saben eles que poden rematar nun plato dunha mesa ou na barriga dalgún gato larpeiro.

    ResponderEliminar
  5. Estou asomada a venta porque estou cansada e un pouco triste,
    estou castigada e non podo sair.
    Penso que estou fora e que son libre, teño un veleiro e vou
    polo mar.
    Por eso miro o mar e os veleiros.

    ResponderEliminar
  6. Que será aquela fermosa cousa que se ve no horizonte?
    Será esa a illa á que se dirixía o pescador co que falei no porto. Paréceme que se chamaba Port Lligat.
    Será eso o que vexo? Gustaríame ir visitala.

    ResponderEliminar
  7. Como me gusta mirar dende esta ventá ao mar, é precioso!
    Teño moitas ganas de mergullarme nesa auga que parece moi fresquiña.
    Oxalá poida facer no verán unha viaxe en barco coas miñas amigas. É unha idea xenial! Mañá mesmo falo con elas.

    ResponderEliminar
  8. Eu estou asomada á ventá porque me relaxa ver unha paisaxe tan bonita como e o mar,ver as distintas cores e os barcos que pasan ó lonxe, xa que o mar está moi tranquilo.
    Sempre que vou mirar a ventá pecho os ollos e penso que algún día farei unha viaxe en submarino para así poder ver todos os animais mariños e póñome moi contenta.......

    ResponderEliminar
  9. Hoxe é o ultimo día das miñas vacacións de verán.
    Estou a lembrar o ben que o pasei: a xente que coñecin e os paseos ao atardecer.
    Sen duda algunha foron as mellores vacacións do mundo;recordarei este lugar con moita morriña.

    ResponderEliminar
  10. Estou na ventá, miro o mar porque me relaxa moito.
    Penso no bonitas que son as ondas e o ruído que fan ao romper na costa, tranquilízame.
    Miro ao lonxe porque gústame moito mirar a illa que hai enfronte.

    ResponderEliminar
  11. Cando vira o meu pai? quero que veña para velo, pero menos mal que vexo esta illa tan preciosa, pero o que mais me gusta ver é ese golfiño Chispa

    ResponderEliminar
  12. Eu estou asomada á ventá porque dixéronme que tiña que escoitar o ruído que fan as olas do mar, porque axúdanme a relaxarme. Estou a pensar naquel día en que me metín na agua e estaba moi quentiña, encantoume esa sensación! Pero en realidade tamén estou a mirar naquel reflexo que está alí, paréceme estraño. Que será?

    ResponderEliminar
  13. Desde a ventá da miña casa vese o mar, gústame mirar por ela e mirar os barcos.
    Os barcos que pasan por aquí sempre van cheos de xente, gústame pensar neles e inventarme historias sobre a súa vida.
    Penso que algún día eu serei a capitana dun barco, e surcarei o mar, sempre que pase pola miña casa avísarei ós meus pais para que me saúden o pasar.

    ResponderEliminar
  14. Estou mirando aquel peixe porque é o meu animal preferido.Ademais velo tan fermoso tranquilízame moito porque hoxe tiven un exame.
    Espero que saque boa nota!
    Oxalá que este peixe non este perigo de extinción porque hai moita contaminación!

    ResponderEliminar
  15. Estou asomada á ventá porque o meu pai castigoume, díxome que me quedaría todo o día no meu cuarto. Estou pensando que algún día visitarei moitos portos iguais ca Cadaqués. Estou a mirar o porto de Cadaqués , e todos os barcos que pasan polo mar tan claro e bonito.

    ResponderEliminar
  16. Eu chámome Marina e estou mirando o mar, porque fai uns días na praia fixen un amigo moi especial, chámase Chuche e é moi xoguetón e cando me sinto triste miro para o mar a ver se o vexo.
    ¡¡¡¡QUE SORTE TER UN AMIGO TAN XOGUETÓN!!!!

    ResponderEliminar

Escribe o teu texto ou comentario
En "comentar como" selecciona "nome/URL"
Escribe o teu nome
Publica
Sé respetuoso/a, coidadiño coa ortografía